Lugo segue á alza ao subir 11 casos nas últimas horas tras detectarse unha vintena de positivos

Confírmase a tendencia á alza da covid na provincia de Lugo a pouco menos dun mes da entrada ao verán. Así se desprende do último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte e que cifra en 233 as infeccións activas, 11 casos por riba dos rexistrados onte. Esto débese a un novo freo das altas médicas que veu acompañado dunha importante suba do ritmo de contaxios. 

E é que na xornada de onte o SERGAS detectou 21 novos casos de covid na provincia, moi por riba dos 13 da xornada anterior. 

Con todo, malia ao significativo aumento de casos, mantense estable a presión asistencial con 11 persoas en planta de hospitalización, 4 no HULA, 3 no Hospital da Costa e outros 4 no de Monforte; asemade a UCI do Lucus Augusti continúa con 2 casos covid. 

E todo isto, tan só unhas horas antes de que entren en vigor as novas restricións da Xunta nalgúns concellos lugueses. Así, mentres Chantada queda liberada dende a vindeira medianoite de todas as restricións, e volve ao nivel medio baixo. No nivel medio entran esta noite Cervo, Vilalba e Monforte; e Viveiro, que continúa sumando casos, pasará ao nivel alto de restricións dende esta medianoite. 

E é que o concello mariñán suma 41 casos activos, co que a súa incidencia supera xa os 250 casos por cada 100 mil habitantes. Un gromo que xa provocou a aparición de novos positivos nos municipios de Cervo e Xove. Outro dos gromos que preocupa, malia que segundo aseguran dende o SERGAS está estable, é o de Monforte que xa chega aos 120 casos por cada cen mil habitantes a 14 días.

E, precisamente, as asociacións de empresarios do sector hostaleiro e comercial de Viveiro mantiveron onte reunións telemáticas con vistas á realización de importantes mobilizacións ante as novas restricións decididas pola Xunta. Dende o sector critican os peches dos bares e aseguran que as protestas non serán silenciosas como foron outras veces, senón que cortarán estradas e terán medidas de presión semellantes. Os hostaleiros cren a Xunta estigmatiza ao sector facéndoos culpables dos contaxios e trasladaron xa ao Concello o seu malestar solicitando os correspondentes permisos para as manifestacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com