Publicadas as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que “a melloría da situación permitiunos recuperar as prazas eliminadas o ano pasado”.

 As listas poden consultarse durante os vindeiros 10 días hábiles nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación. O prazo para presentar alegacións estenderase até o 11 de xuño, mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com