A asociación Si, hai saída vén de informar das xornadas que celebrará a partir do vindeiro luns en colaboración coa Uned. Baixo o nome ‘Violencia de Género: Cooperación Internacional y Medios de Comunicación”, a actividade ofrecerá a visión sobre como se aborda a violencia de xénero dende os medios de comunicación.
Cuestións como o uso da linguaxe sexista, a responsabilidade individual do xornalista, a necesidade de dar voz ás mulleres ou practicar un xornalismo con perspectiva de xénero centrarán parte dos temas que debatirán as participantes, todas elas mulleres de importante renome en cadanseu sector.
As xornadas serán o vindeiro luns, 31 de maio e martes, 1 de xuño, no Centro Asociado á Uned de Lugo e os asistentes poderán decidir se asisten de xeito telemático ou presencial, para o cal será preciso a inscrición. Así, dende a organización lembran que é imprescindible que os alumnos que decidan seguir a actividade por streaming indiquen a súa dirección de correo electrónico ao realizar a matrícula que será preciso que se realice polo menos, 24 horas antes do inicio da actividade.
Programa
Luns, 31 de maio
18:30-18:45 h. Presentación das Xornadas
- Marta Rodriguez Engroba: Presidenta da Asociación Si hai saida.
- Ana Belén Traseira Pena: Directora do Centro Asociado UNED Lugo. Profesora-tutora en UNED Lugo.
18:45-20:30 h. CONFERENCIA: ¿Por qué la violencia de género no conoce fronteras?
Ana Mª López Castaño Secretaria Técnica de Misevi (Misioneros Seglares Vicencianos) España.
Martes, 1 de xuño
18:30-20:30 h. MESA REDONDA: La, a veces, delgada línea entre la información y el espectáculo
- Rocío García – Puertas Taboada: Abogada
- Mónica Santos Vázquez: Xornalista Onda Cero
- Begoña Santos Fernández: Avogada e Profesora-Tutora UNED Lugo.
- Olga Louzao Aldariz: Política.
- Marta Rodriguez Engroba: Presidenta Asociación Si hai saida.
- Paula Álvarez García: Estudiante de Xornalismo.
Post Views: 0