O Concello iluminase hoxe de cor violeta para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple

O Concello de Lugo conmemora hoxe, 30 de maio, o Día Mundial da Esclerose Múltiple, iluminando ao anoitecer a fachada da Casa Consistorial de cor violetaco fin de visibilizar esta enfermidade.

iniciativa, trasladada á alcaldesa de Lugo polAsociación ALUCEM, pretende concienciar á poboación sobre a realidade que viven as persoas con esta doenza e as súas necesidades así como poñer en valor a importancia das redes de apoio e os beneficios do autocoidado.

O Concello, que tamén colabora cos actos organizados esa xornada pola Asociación Lucense de Esclerose Múltiple na Praza Maior, sumase ao obxectivo do colectivo de derrubar as barreiras sociais que xeran soidade e illamento entre as persoas afectadas pola Esclerose Múltiple e á súa reivindicación de acadar mellores servizos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com