O Concello aprobará a transmisión dos terreos que ocupará a rotonda de Afonso X

O Executivo de Lara Méndez aproba mañá a transmisión da titularidade dos terreos municipais nos que se ubicará a nova rotonda de Alfonso X. Unha infraestrutura que permitirá mellorar o tránsito nunha das principais vías que rodea a cidade.

A alcaldesa indicou que a ubicación da rotonda se manterá, como estaba previsto, na intersección entre Alfonso X e a Nacional VI para facilitar a incorporación dos vehículos que circulen por esta vía cara Aceña de Olga “o que reverterá na fluidez do tráfico rodado e dará un gran servizo ás persoas usuarias da zona universitaria e dos equipamentos deportivos”.

A rexedora lembrou a complexidade da súa tramitación durante a que foi preciso corrixir as proporcións da dotación para adecuala ás dimensións da superficie dispoñible, “xa o que seu deseño inicial invadía terreos recoñecidos polo PXOM como zona verde”.

Lara Méndez avanzou que, tras entregarse o derradeiro informe que ficaba pendente, no que se recolle con exactitude a superficie a ceder así como o plano correspondente da parcela, “o documento recibiu a correspondente fiscalización por parte da Intervención Municipal antes de remitirse mañá á Xunta de Goberno para que o aprobe definitivamente e se lle poida dar traslado ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com