14 altas médicas e 14 positivos deixan unha xornada de estabilidade en canto ao virus

Se na terceira vaga do virus, hacia finais de semana os datos tendían a ser peores, nas últimas semanas, vense observando que o cambio de tendencia é real e téndese máis a estabilidade a partir dos mércores sen prexuízo de volver a experimentar unha suba de casos os domingos e os luns. Así se confirma, de novo, esta semana. 

Ata as 6 da tarde de onte, Lugo contaba con 269 casos activos, un máis que na xornada anterior. Así o revelou o informe do SERGAS que cifraba os positivos detectados onte en 14, 3 máis que na xornada anterior pero que se contrarrestan cunha suba importante nas altas médicas que pasan das 6 na xornada do martes ás 14 de onte.

Mantense tamén en cifras semellantes a días anteriores a presión asistencial con 10 persoas en plantas de hospitalización e 2 na UCI do HULA un máis que onte. 

Así, por hospitais, o Lucus Augusti resta un paciente en planta e conta con 5, o Hospital da Costa ten 3 pacientes covid, un menos que na xornada anterior. E o de Monforte, sumaba onte un paciente novo, chegando a ter 2 persoas con infección activa de covid en planta.

Gromo no Edificio Administrativo da Xunta

E o gromo detectado no edificio administrativo da Xunta en Lugo chega xa aos 14 casos, a maioría deles detectados entre os traballadores da área de Prestación de Política Social e rexistro. Con todo, o SERGAS todavía non descarta a posibilidade de sumar casos tras o cribado realizado aos 600 traballadores do edificio. Asemade, esta tarde están citados outros 200 traballadores do edificio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com