O Concello advirte dun corte de auga na Cheda o vindeiro luns

O Concello de Lugo informa de que, con motivo das obras de mellora na rede de abastecemento de auga no barrio da Cheda, recollidas no plan para erradicar o fibrocemento nas canalizacións da traída municipal que se está a executar por parte da Área de Cohesión Territorial, obrigarán a cortar o subministro na Rúa Río Lea o vindeiro luns, 7 de xuño, dende as 9:30 e ata as 20:00 horas, aproximadamente, aínda que, de rematar antes os traballos, o servizo será restablecido de inmediato.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte da subministración que, porén, resulta necesario para acometer as obras de mellorar as dotacións públicas.

Co obxectivo de erradicar a presenza do fibrocemento, o executivo de Lara Méndez, realiza unha inversión superior a 1’2 millóns de euros a través da cal se está a acometer a substitución destas tubaxes por outras de fundición en 14 rúas da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com