Seguen baixando os casos por Coronavirus en Lugo

Onte eran 250casos na área de Lugo, hoxe a cifra queda en 245, son cinco menos que onte, e aínda que a baixada non é moi importante, mantén a tendencia á baixa.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.945, deles 342 son da área da Coruña, 159 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 534 da área de Vigo, 335 da de Santiago e 108 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 71 en unidades de hospitalización e 1.861 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.954 persoas curadas, rexistrándose 2.426 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.274.739.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.000.543.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com