Fin de semana de descenso de casos activos e da presión asistencial malia o mantemento dos positivos

Fin de semana de descenso dos principais baremos do virus na provincia de Lugo malia ao mantemento dos positivos detectados nalgunha das probas diagnósticas dispoñibles. 

Así o informou esta mañá o SERGAS que, con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, cifra en 224 os casos activos de covid, 16 menos que na xornada anterior pero 26 menos que o xoves. Tamén baixaba esta fin de semana a presión asistencial. Así, xa o sábado, as plantas de hospitalización da provincia rexistraban 6 pacientes covid, 3 no HULA, 1 na Mariña e 2 no Hospital de Monforte. A estes habería que sumar os 2 pacientes que continúan recuperandose na UCI do HULA.

Doutra banda, no día de onte experimentaba unha baixada tamén o número de positivos, aínda que case de forma anecdótica, pois o resto de fin de semana mantivo datos semellantes a xornadas anteriores e, incluso, algo máis altos. Así, segundo o informe do SERGAS nas últimas 24 horas detectáronse tan só 7 positivos na provincia, moi por baixo dos 15 do sábado, ou os 18 detectados o venres. 

Con todo, unha xornada máis as altas foron clave tamén no descenso de casos activos con máis dunha vintena de recuperacións nas últimas horas, Lugo chega ás 12.522 persoas curadas tras contraer a enfermidade. En total, na fin de semana, foron 66 as persoas que recibiron a alta médica. 

Residencia de Sarria

E estes datos o día no que o SERGAS realizará un cribado na residencia Nosa Señora do Carme, de Sarria, tras dar positivo unha das traballoras do turno de noite do centro, nunha proba de antíxenos. O SERGAS xa realizou as respectivas PCR ás compañeiras que compartían quenda coa traballadora que dera positivo e todas arroxaron resultados negativos na proba. 

Comité Clínico

E cos bos datos que está a amosar Galicia nas últimas xornadas, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que o Comité Clínico estuda permitir grupos de ata 15 persoas non conviventes en exteriores así como as reunións de non conviventes entre a 1 e as 6 da mañá, prohibidas polo momento. Con todo, haberá que ver se o protocolo aprobado, en contra do Executivo Autonómico Galego, e outros moitos, a pasada semana no Consello Interterritorial do Sistema nacional de Saúde, resulta obrigatorio. Un dictamen da asesoría xurídica que a Xunta agarda recibir durante o día de hoxe e que podería deixar sen efecto as restricións establecidas en Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com