Medio Ambiente reforza o servizo gratuíto de recollida de enseres ampliando horario e equipos na zona urbana e nas parroquias

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, anunciou que “vimos de poñer un marcha un reforzo na recollida de enseres, tanto na cidade como nas parroquias, a fin de reducir o número de mobles e enseres que se depositan na vía pública”.

Fernández anunciou que “o operativo que se ampliou tanto en persoal como maquinaria e horario de recollida, púxose en marcha a comezo deste mes, duplicándose o servizo, en resposta á demanda veciñal e ao incremento do número de enseres depositados nas rúas.

Este reforzo incorpora a un conductor e un peón que levan un camión brigada con plataforma elevadora de luns a sábado en horario de 07:00 a 13:30. A maiores do servizo diario de recollida de luns a venres que conta con outro conductor e peón que levan un camión brigada de caixa aberta con pluma.

De igual modo, quixo recalcar que “dende o Concello facemos un chamamento de colaboración á veciñanza para que utilice este servizo, recordando que é totalmente gratuíto, e se activa cunha simple chamada telefónica ao 982 25 44 83 en horario de oficina”.

Ademais, o concelleiro lembrou que a maiores deste servizo, a cidadanía de Lugo tamén pode levar os seus mobles e enseres vellos particularmente e de xeito gratuíto ao Punto limpo do Concello, que está situado no polígono do Ceao, na Rúa dos Carros. O horario de apertura é de luns a sábados, de 10:30 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com