O Concello cifra en 232 os aparcamentos que a cidade perderá polo carril bici en contra das denuncias do PP

O Concello de Lugo vén de responder ás denuncias realizadas polo Partido Popular en torno aos diferentes tramos de carril bici creados na capital da provincia.

Así, mentres que os populares denunciaban a perda de mais de 300 prazas de aparcamento só no barrio da Residencia, os ediles do Goberno, Miguel Fernández e Olga López, aseguraron nunha reunión coa asociación de veciños de dito barrio que en toda a cidade só se perderán 232 prazas.

Asemade, avanzaron os ediles que o executivo local proxectou a creación de dous novos aparcamentos gratuitos que sumarán 120 prazas. Do mesmo xeito, no barrio da Residencia o Concello prevé executar novas prazas de aparcamento na urbanización das obras do Antigo Hospital.

“Aclarar, tamén, que o carril bici impulsado pola alcaldesa, que busca cambiar a mobilidade da cidade para crear alternativas saudables, recuperando espazos para os peóns e as bicicletas e reducindo o uso dos vehículos para acadar un modelo de urbe sostible e moderna, como marca a Unión Europea e como fixan os Obxectivo de Desenvolvemento Sostible, é ademais un proxecto vinculado a unir 8 barrios da cidade coa contorna do Miño, para que os e as lucenses deixen de vivir ás costas do enclave fluvial, unha das máis importantes demandas cidadás”, explicou o edil Miguel Fernández.
O carril bici proxectado conta con 14 quilómetros que se constrúen en zona DUSI porque se executan con fondos europeos para ese fin, “pero en vindeiras fases o carril estenderase cara a outras zonas como é a universitaria”. “Lembrar, por último, que ningún dos tramos do carril bici están en uso, xa que están aínda en construción, e se está a realizar un control das obras para mellorar a seguridade onde sexa necesario realízalo, así como estudar as peticións que nos fan chegar os veciños”, conclúe.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Oscar Poy Franco
    Xuñ 10, 2021 - 04:30 PM

    Y que ningún cono ha sido lastimado durante la performance 😐

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com