A Policía Local de Lugo informou hoxe dun accidente que tivo lugar en torno ás 20.30 horas de onte na rúa San Xillao da cidade. Efectivos da Unidade Territorial de Políca de Barrio e da Unidade de Atestados desprazáronse ata esta zona tras ser informados de que un vehículo colisionara contra un poste de madeira da compañía telefónica, cortando o tráfico nesa vía.
A condutora do vehículo foi sometida ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado positivo de 0,48 mg/l. Con todo, e tras observar á muller, os axentes realizaron tamén test de drogas no que arroxou un resultado positivo en cocaína e anfetaminas, instruíndose atestado de circulación.