A Fiscalía pide 13 anos para o acusado de agredir sexualmente a unha rapaza con “limitación intelectual” e el nega os feitos

A Audiencia Provincial de Lugo acolle hoxe o xuízo contra un mozo de 25 anos acusado de agredir sexualmente a unha prima del que conta cunha limitación intelectual leve.  O mozo, que xa prestou declaración negou os feitos que lle imputa o Ministerio Fiscal e polos que solicita para el unha condena de 13 anos de prisión. 

Segundo informa a acusación os feitos tiveron lugar o 9 de novembro de 2016 cando o presunto agresor atopou á rapaza, que naquel momento tiña 18 anos, nas inmediacións do seu domicilio. O mozo pediulle que o acompañara a un alpendre próximo coa intención de manter relacións sexuais pero a moza negouse. O acusado amenazouna con facer públicos uns vídeos comprometidos dela, ante o que a rapaza non accedeu a acompañalo. 

No alpendre, a vítima decidiu non manter relacións sexuais co acusado, ante o que o home presuntamente tirou á rapaza o chan, pegoulle na cara e consumiu a agresión sexual. O acusado estivo en prisión provisional dende o 16 de novembro ata o 7 de decembro de 2016. 

O Fiscal pide por estes feitos unha pena de 13 anos de prisión para o acusado por un presunto delito de agresión sexual cometido sobre unha persoal especialmente vulnerable, así como unha orde de afastamento e prohibición de comunicacións coa vítima e liberdade vixiada durante outros 7 anos dende que se cumpra a pena de prisión. 

Pola súa banda, na vista oral, o presunto agresor negou os feitos e asegurou que as relacións foron consentidas en todo momento, e negou tamén ter videos da vítima.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com