Día de votacións, día importantísimo para os cidadáns en todo o pais, e posible día de cambio para as administracións lucenses. Segundo a enquisa a pé de urna da TVG, neste intre o PP acadaría entre 10 e 12 concelleiros, 7 ou oito para os socialistas, 3-4 para a plataforma Lugonovo, 1-2 o BNG-Asambleas Abertas, e 1-2 Cidadáns.
Santiago Fernández Rocha, candidato da plataforma Lugonovo, remata de falar con Xornal de Lugo para facer unha valoración desta enquisa a pé de urna, que lembramos non é decisiva.
Escoitámolo:
Esta mañá os candidatos á alcaldía de Lugo acudiron ao colexio electoral a votar, e fixeron as primeiras valoracións. Escoitamos en primeiro lugar a José López Orozco polo PSOE, José Manuel Barreiro, presidente en Lugo dos populares, e Rubén Arroxo, candidato do BNG-Asambleas Abertas:
Nuns intres, en Xornal de Lugo.com, continuaremos facendo o seguimento desta xornada decisiva, e con seguridade, histórica para a democracia española.