Lara Méndez anuncia o inicio inmediato do 3×2 coa transformación dos tres estacionamentos públicos soterrados

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá que a transformación dos estacionamentos públicos soterrados da cidade, o coñecido como 3×2, “dará comenzo de forma inmediata e progresiva, empezando polo da Praza de Ferrol. O obxectivo é adaptar o tamaño dos estacionamentos aos estándares urbanísticos actuais que recolle o PXOM, atendendo así a unha demanda social na que dende o executivo local levamos anos traballando”, asegurou.

A rexedora deu conta de que a Xunta de Goberno autorizou hoxe a modificación do contrato da concesión administrativa pola que se rexe a explotación dos parkings soterrados sitos nas prazas de santo Domingo, Ferrol e da Constitución. “Un cambio que fará posible o incremento das dimensións das prazas de aparcamento en cada unha destas instalacións, acondicionándoas coa solución técnica máis acaída para cada un dos recintos”, explicou Lara Méndez.

A rexedora lembrou que a adxudicación data do ano 1986. “É dicir, ten unha antigüidade superior ás dúas décadas nas que o parque móbil foi mudando e os vehículos utilitarios cambiando as súas dimensións”, sinalou.

Nestes momentos, as prazas dos tres aparcadoiros ascenden a 690, 241 en Santo Domingo, 205 na Constitución e 244 na Praza de Ferrol e, coa reorganización, Interparking calcula que se perderán 171, un terzo das mesmas (61 en Santo Domingo, 42 na Constitución e 68 en Ferrol), o que conlevará unha diminución do seu valor patrimonial.

Tendo en conta que esta transformación suporá, inicialmente, unha merma dos ingresos que percibe a adxudicataria, a Administración local optou por introducir no contrato unha serie de medidas encamiñadas a restablecer o equilibrio económico financeiro da concesión.

Entre elas, figura un ano adicional na concesión que, deste xeito, rematará o 26 de maio de 2036 e a inclusión destes estacionamentos no circuíto informativo municipal SMART da cidade, aos efectos de integrar a información relativa aos mesmos na aplicación en software dos paneis correspondentes.

A rexedora explicou que, pola súa parte, empresa e Concello iniciarán os trámites e se coordinarán para proceder á instalación dunha sinalización dos estacionamentos, “procurando sempre un equilibrio racional entre a información ofrecida e a mínima contaminación por excesiva sinalización non imprescindible, ao tempo que lle daremos impulso a proxecto para habilitar o dobre sentido na rúa de acceso ao aparcadoiro da praza do Ferrol”, asegurou Méndez.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Xuñ 16, 2021 - 03:46 PM

    Xa era tiempo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com