Lete Lasa: “Adi Iglesias é unha das maiores esperanzas galegas para Toquio”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu a atleta lucense Adiaratou Iglesias Forneiro que vén de acadar dúas medallas de ouro nos 100 e 400 metros T13 do Campionato de Europa de atletismo adaptado celebrado en Bydgoszcz (Polonia), a segunda delas con récord de Europa incluido.

Nas súas verbas, Lete Lasa destacou que a deportista lucense “é unha das maiores esperanzas galegas para Toquio” e lembrou o excelente nivel do deporte adaptado galego que na delegación española que viaxará aos Xogos Paralímpicos representa o 15%.

José Ramón Lete asegurou que Adi Iglesias “leva tempo acostumándonos aos grandes fitos” como fixo no ano 2019 cos dous subcampionatos mundiais (100 e 200 metros lisos) no Campionato do Mundo de Paraatletismo celebrado en Dubai (Emiratos Árabes Unidos) acadando a terceira mellor marca do atletismo galego nos 100 metros e a mellor nos 200, ostentando o récord absoluto do atletismo galego nesta distancia.

O mandatario galego destacou a capacidade de superación e o traballo constante dunha atleta que se esforza día a día para acadar as súas metas, uns valores que toman maior dimensión xa que Adi conta cun 20% de visión. Lete Lasa augurou un futuro cheo de éxitos á atleta lucense ao recoñecer que “non ten teito” e que descoñecemos “ata onde pode chegar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com