O Concello pide á Delegación da Xunta “lealdade institucional cos proxectos que desenvolve no municipio”

O Concello de Lugo pídelle á Delegación da Xunta de Galicia que actúe coa lealdade institucional cara o Goberno local cando dea a coñecer os proxectos que afectan ao municipio.

A petición chega logo de que o xefe territorial da Delegación, Jaime Arias, adoptase “por norma” comunicar e dar a coñecer actuacións da Xunta de Galicia con aparicións nas que sempre vai acompañado de edís do PP, que están na oposición, sen avisar ao Goberno local a pesar que afectan ao municipio de Lugo, “rachando así coa obrigada lealdade institucional co Goberno que representa a todos e todas as lucenses”.

“É un desprezo cara a veciñanza lucense que o Goberno de Lugo se entere polos medios de comunicación da restauración dalgúns treitos da muralla ou das vivendas rehabilitadas da Tinería, por citar só dous exemplos, obras ás que, ademais, dende o Concello se lle deu prioridade administrativa no que ten que ver coa concesión das licenzas urbanísticas”, reprochou o voceiro municipal.

“E máis, a desleadade chega a tal punto que o delegado da Xunta deu a coñecer á prensa a concesión dunha subvención solicitada polo Concello de Lugo un día antes da súa resolución pola Consellería de Emprego e sen que lle fose notificada ao Goberno local”, incidiu Miguel Fernández.

“Dende o goberno consideramos pouco ético que os cargos públicos mesturen o cargo institucional coa súa ambición persoal e política cando o fan faltando ao respecto á institución municipal”, sostén o voceiro, que lle pide a Javier Arias que non faga un uso partidista do seu cargo en actuacións que atinguen, en exclusiva, ao termo municipal obviando á representación lexítima que lle corresponde ao propio Concello.

Trátase dunha cuestión de deferencia e respecto entre organismos públicos que, aínda que con diferentes competencias, deben traballar conxuntamente e que non se corresponde coa man tendida e a colaboración permanente que a alcaldesa lle está a brindar á Xunta”, concluíu o portavoz do executivo municipal.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Xuñ 18, 2021 - 05:21 PM

    Vaiche boa pedirlle a ningunha institución onde esté o PP lealdade coas outras.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com