A cifra que comunicou hoxe a Consellería de Sanidade na área de Lugo é de 154 casos activos pola Covid-19, dez menos que onte. Con respecto aos novos contaxios foron sete, tamén menos que onte que forán once. En canto as persoas ingresadas na UCI, segue habendo unha soa persoa no conxunto dos tres hospitais lugueses.
A nivel de todo o país, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.270 deles 434 son da área da Coruña, 142 da de Ourense, 118 da de Pontevedra, 211 da área de Vigo, 110 da de Santiago e 101 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 45 en unidades de hospitalización e 1.210 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 124.796 persoas curadas, rexistrándose 2.433 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.328.147. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.419.450.