Mañá mércores 23 de xuño cúmprese un ano dende o acto de recepción por parte do concello de Lugo do novo auditorio de Magoi. O Grupo Popular quere visibilizar a urxencia de poñer en marcha esta infraestructura xa que, a medida que pasa o tempo, o edificio se deteriora por falta de uso.
Para visibilizar a necesidade de abrir esta dotación o Grupo Popular invita a todos os lucenses a participar nun acto reivindicativo. Esta acción aberta á cidadanía terá lugar o mércores 23 de xuño ás seis e media da tarde. Os populares entenden que logo de que a Xunta investise 25 M€ nesta infraestructura hai que planificar como se vai xestionar e que contido se lle va a dar para que sexa unha referencia cultural do municipio e mesmo da provincia.
O voceiro do PP, Ramón Carballo, subliña que “creo que os veciños do concello de Lugo e tamén os de toda a provincia merecemos que se abra esta infraestructura” engadindo que agarda que pronto sexa “un magnífico escenario para a cultura”.
Xuñ 22, 2021 - 09:15 PM
Xa,xa, eu como lucense estou tolo por tal invitación.