O PP cualifica de “bochornosa” a liorta  de PSOE e BNG por Quiroga Ballesteros

O Partido Popular no concello de Lugo, ven de emitir unha nota de prensa onde tilda de “infantil e vergoñento asistir ao tira puxa entre Lara Méndez e Rubén Arroxo” deste xeito resume o PP o novo capítulo da serie á que asistimos estes días os lucenses á conta da inauguración da peonalización da rúa Quiroga Ballesteros.

“Á alcaldesa o único que lle molesta é non sair na foto como promotora desta intervención urbana xa que se ve atrapada na trampa mortal da coalición á que chegou co BNG para ser alcaldesa. Mentres o vicealcalde, con boas palabras, resta importancia ao veto que lles impoñen e, cunha deslealdade pasmosa, plantase cuns gaiteiros na zona burlando esta prohibición”

O PP augura que este tipo de encontronazos se repetirán con maior intensidade nos vindeiros dous anos “este serial o único que demostra é a inestabilidade desta coalición e as loitas internas para ver quen vai ser a forza fagocitada pola outra. Aquí non priman as necesidades dos lucenses se non os réditos electorais”.

Novas relacionadas

  1. Anónimo
    Xuñ 26, 2021 - 01:38 PM

    Pero a ver Xornal de Lugo, esa fotiño é a mesma de onte, pero con un titular distinto. Xa non sabedes cómo contentar o pagador, eh.

    Reply
    • Xornal de Lugo
      Xuñ 26, 2021 - 02:28 PM

      Luis Díaz Este xornal non recibe diñeiro de ningunha Institución pública ou privada, polo tanto seguramente vostede se equivocou no comentario e era para outro ou outros xornais. Grazas. .

      Reply
    • Anónimo
      Xuñ 26, 2021 - 02:58 PM

      Xornal de Lugo pois as informacions que teño e que vostedes (coma El Progreso, La Voz de Galicia, etc. etc.) reciben subvencions da Xunta de Galicia do PP (entre outras cousas) por normativizar e visibilizar mediaticamente o idioma galego. Ou vostedes os xornalistas minten ( tamén nisto) ou é o que lin en moitos medios.

      Reply
      • Xornal de Lugo
        Xuñ 26, 2021 - 04:37 PM

        Non é a función de Xornal de Lugo entrar a debate cos lectores e con este resposta damos por concluida esta cuestión. Só respondemos en casos como este sobre todo, pola desinformación que conleva para os demais lectores. Aclarar que: as axudas ás que vostedede se refire son para os xornais que se editan en papel. Volvemos reiterar, este xornal non recibe ningunha axuda de ningún ente público nin privado. Coidamos que quede aclarado o tema. Obrigados.

        Reply
    • Anónimo
      Xuñ 26, 2021 - 03:01 PM

      Xornal de Lugo E claro… quen paga exixe compensación, lean vostedes de cando en cando por exemplo El Progreso.

      Reply
      • Xornal de Lugo
        Xuñ 26, 2021 - 04:38 PM

        Non é a función de Xornal de Lugo entrar a debate cos lectores e con este resposta damos por concluida esta cuestión. Só respondemos en casos como este sobre todo, pola desinformación que conleva para os demais lectores. Aclarar que: as axudas ás que vostedede se refire son para os xornais que se editan en papel. Volvemos reiterar, este xornal non recibe ningunha axuda de ningún ente público nin privado. Coidamos que quede aclarado o tema. Obrigados.

        Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com