Cidadáns atacou hoxe as decisións do equipo de Goberno tras comprobar o estado de abandono que segundo a voceira da formación laranxa, Olga Louzao, está a sufrir o barrio do Carqueixo. Neste caso, Louzao apunta, especialmente, á área de Mobilidade, baixo o mando do Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e esíxelle ao nacionalista que recupere a parada de autobús suprimida coa entrada en funcionamento dos novos roteiros e frecuencias. Para Louzao a eliminación desta parada agrava a situación de abandono que vive esta zona urbana dende hai décadas.
Asemade, a voceira de Cidadáns explica que as vivendas situadas entre a rotonda do Hula e o trazado da A6 constitúen unha zona esquecida malia as numerosas reclamacións veciñais, que, segundo Louzao, sitúanse en torno aos 200 escritos tan só para que o autobús manteña a súa parada. Louzao criticou a “impasibilidade” de Rubén Arroxo e non comprende “que nin tan se queira visite a zona para coñecer de primeira man a opinión dos veciños”.
“O concelleiro de Mobilidade escúdase nun suposto estudo que cifra os usuarios desa parada en cinco. Algo que non representa a demanda real do servizo na zona, xa que moitos usuarios habituais cambiaron os seus costumes durante os primeiros meses de pandemia, moitos son xente maior que desde o inicio da crise deixaron de usar o bus por medo a contagios”, sinalou a concelleira. “Trátase dun barrio atrapado entre a A-6 e a LU-021 que foi ignorado ano tras ano en cada planificación municipal”, dixo.
“Non é factible que teñan que desprazarse ata Castelo para coller o autobús percorrendo un itinerario longo cun elevado tránsito de vehículos e que carece das máis mínima medida de seguridade viaria. Atravesar a rotonda do Hula ou transitar pola estrada da Fonsagrada sen beirarrúas é inviable”, dixo Louzao.
“A necesidade de recuperar a parada do bus no Carqueixo é real. Só fai falta visitar a zona. É un erro non facelo e é un erro non escoitar aos veciños. É unha zona sen beirarrúas nalgúns tramos, sen conexión con fibra, sen contendores para reciclar, mal iluminada e cunha evidente carencia de medidas de seguridade viaria tendo en cuenta o denso tráfico que se rexistra. O Goberno local debe actuar”, concluíu.
Xul 13, 2021 - 08:12 PM
A parada non se suprimiu. A liña 11 de rurais Sindicatos – Bóveda para catro veces ao día (en cada sentido) na parada en cuestión.
En canto ás beirarrúas da Estrada da Fonsagrada, terá que pedirllas á Xunta, que é a titular da estrada, e da Ronda Este.
Xul 12, 2021 - 07:26 PM
Cs Lugo dando os derradeiros coletazos mediáticos. ¡Dios salve al Rey! porque a estos, difícil, difícil.