A Capela de Santa María acolle este sábado o concerto de ‘La Belemont’

A Capela de Santa María, dependente da Deputación, acollerá o vindeiro sábado a partir das 20:30 horas o concerto gratuíto de La Belemont, un grupo fascinado polo repertorio barroco francés.

Trátase dunha actuación musical enmarcada dentro da programación da XLIII Semana de Música do Corpus, unha das citas culturais máis importantes de Lugo, que reúne na cidade aos mellores grupos de música sacra nos mellores espazos, como por exemplo o Círculos das Artes, a Casa do Saber, o Cemiterio de San Froilán ou a Capela.

La Belemont nace no 2007 da unión de Sara Ruiz, Rafael Muñoz e Laura Puerto, tres músicos de viola de gamba, arquilaúde e tiorba, e órgano, respectivamente; que buscaban un son con identidade.

O seu segundo disco Plaisir sacré, sae á luz recentemente tras o éxito do seu primeiro traballo, La voix de la viole, que acadou como distincións cinco diapasóns (revista Diapasón) e catro estrelas da revista Classica. Este segundo disco, dedicado aos motetes de François Couperin, inclúe pezas como Venite exultemus Domino, Regina coeli laetare ou Audiam quid loquator que serán interpretadas no concerto deste sábado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com