O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente en funcións, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e na que primaron os asuntos ordinarios de licenzas de obras e parcelamentos.
O asunto destacado foi a aprobación do proxecto técnico elaborado polo Concello de Lugo para a demolición da ampliación do cemiterio de Muxa e reconstrución do muro tradicional de peche, para cumprir unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O prazo de execución previsto será de 6 meses, que se computarán a partir do momento no que esté acreditada a total exhumación dos restos e terá un orzamento de 123.000 euros.
Tamén se acordou continuar coas actuacións tendentes á exhumación dos restos que debe levar a cabo a Consellería de Sanidade. Neste senso, Luis Álvarez, indicou que “a Consellería de Sanidade non está actuando, segundo o noso punto de vista, coa suficiente dilixencia xa que estamos falando do cumprimento dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e asi llo fixemos saber”. Esta actuación que conta cos permisos pertinentes da Secretaria Xeral de Patrimonio “non se poderá iniciar ata que Sanidade non leve a cabo as exhumacións dos restos”.
Na Xunta de Goberno Local tamén se autorizou a realización de servizos extraordinarios para levar a cabo polo encargo da piscina e motivado pola xubilación dun dos funcionarios e tamén se autorizou o persoal que forma parte dos turnos rotatorios e Patrulla Verde servizos extraordinarios, para poder atender calquer servizo extraordinario que poidera suceder no mes de xuño e non fose suficiente o personal dos turnos de traballo, para que dito servizo poida desenvolverse coa suficiente garantía.