E falabamos onte do protocolo sanitario para a hostalería que se atrasará, presumiblemente, unha semana máis e incluirá, en principio, o uso das barras. A obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder aos locais queda excluído do documento, “a non ser que haxa novidades no recurso xudicial” presentado pola Xunta.
Aínda que o Executivo autonómico esperaba aprobar o protocolo sanitario para o sector hostaleiro na reunión do comité desta semana, finalmente non ocorreu así. Con todo, Comesaña remarcou que esperan “o visto e prace para a semana que vén” e que “as conversacións co sector son continuas”.
E a nivel estatal, o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde acordou ampliar o aforo permitido nos estadios de fútbol de Primeira e Segunda División e nos pavillóns da liga ACB. Así, nos campos de fútbol ao aire libre o aforo poderá ser de ata o 60%, mentres que nos pavillóns pechados elevarase ata un 40%, segundo adiantan medios estatais. Hai un mes fixouse nun 40% nos instalacións abertas e nun 30% nas pechadas.