173 familias luguesas beneficiarias do Bono Concilia

A Consellería de Política Social vén de resolver a orde de axudas do Bono Concilia para este curso, que na provincia de Lugo benefician a 173 familias que non obtiveron praza nunha escola infantil pública para que poidan financiala nun centro da súa elección.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, quen destacou que o Goberno galego destinou no conxunto de Galicia dous millóns de euros a esta prestación, ampliables para atender ao 100% das solicitudes que cumpran os requisitos.

Como novidade, este ano o bono incrementouse un 10% en todos os seus tramos. Así, para un neno ou nena que vaia á escola a xornada completa con comedor, oscilará entre os 50 e os 275 euros ao mes.

Para ter dereito a esta axuda débese ter pedido antes unha praza pública, e que ou ben fose denegada ou ben non se axuste ás necesidades de horario das familias. Esta prestación é compatible con outras destinadas tamén a pagar este servizo, sempre que non se supere o custo da praza.

No curso 2020/2021 foron 168 as familias da provincia de Lugo que se beneficiaron desta medida, que na actualidade beneficia só aos primeiros fillos, xa que desde o mes de abril do ano pasado todos aqueles segundos fillos e sucesivos teñen o 100% da atención educativa gratis en calquera

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com