A normativa da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 si contempla a posibilidade de instalar atraccións de feira en espazos públicos, se ben esixe fórmulas que garantan a seguridade.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, indicou que só se prohiben expresamente nos concellos que se sitúen no nivel máximo de restricións. Nos demais casos, é preciso adoptar medidas que aseguren, entre outros aspectos, o cumprimento dos aforos e a distancia interpersoal.
Así, os feirantes poden desenvolver a súa actividade cumprindo cunha serie de limitacións específicas, como reducir ao 50% os asentos de cada fila que se poden ocupar -salvo que se trate de conviventes-, ou limitar o acceso ao 30% da capacidade cando non haxa asentos. As atraccións inchables están permitidas ata un 50 % da súa capacidade.
Arias explicou que existen tamén previsións para as zonas nas que se instalen as atraccións, como sinalizar puntos diferenciados de entrada e saída ou respectar a ratio dunha persoa por cada tres metros cadrados nos espazos comúns de tránsito. “Neste sentido, o máis operativo sería distribuílas en distintos puntos para evitar as aglomeracións que poderían producirse nun feiral como o do San Froilán”, apuntou.
En todo caso, afirmou o delegado, o protocolo da Xunta “deixa marxe para a actividade dos feirantes, como se ten demostrado este mesmo verán noutras cidades galegas, que si traballaron para buscar solucións”.
Set 17, 2021 - 09:59 PM
Xa, pode ser. Pero a Ferreiro e algúns máis do BNG non lle molan as festas solo o tirolilo da gaita e o folclore galego, pasaremos se nada de interés no san Froilan. So tirolilo
Set 17, 2021 - 05:37 PM
¡bo!