Unha nova xornada de descenso da covid, e suman xa unhas cantas, na que os principais baremos de control da enfermidade mantéñense á baixa con respecto aos valores da xornada anterior.
Así, no informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte cifran en 356 as infeccións activas. Unha cifra que descendeu en máis de 60 casos na última xornada. Así, a cifra de persoas curadas dende o inicio da pandemia chega hoxe xa ás 19.229. Asemade, nas últimas horas tan só 5 persoas resultaron positivo en PCR.
No tocante á presión asistencial, continúan ingresadas nos hospitais da provincia 19 persoas cunha infección activa por covid. Catro das cales se atopan na UCI do HULA mentres as restantes divídense nas unidades convencionais dos tres hospitais públicos, 4 no Lucus Augusti, 1 en Burela e 10 en Monforte de Lemos, que continúa sumando ingresos.
E todo iso na xornada na que o Comité Clínico vólvese reunir para avaliar un posible novo alivio das medidas restrictivas.