Lugonovo reúnese esta tarde cos socialista lucenses

Unha delegación de Lugonovo reunese este xoves ás 20.00 horas na Casa do Concello co PSOE para facer unha valoración dos resultados electorais do pasado 24 de maio e achegar posturas de cara a formar un goberno de progreso para o Concello de Lugo.

En principio os prantexamentos de Lugonovo e Psoe están diametralmente opostos por mor da esixencia da plataforma lucense de esixirlle ao PSdG que retire a candidatura de López Orozco para negociar un candidato socialista á alcaldía de Lugo.

Dende a plataforma anuncian que están abertos a calquera xuntanza coas distintas forzas políticas que saíron elixidas nas pasadas eleccións, por respecto institucional e tamén por cortesía.

Lugonovo ven sinalando dende o principio da campaña electoral as liñas vermellas que non están dispostos a cruzar en ningún caso, e entre elas está a de non apoiar a ningún candidato que estea imputado.

Así que haberá que esperar a que as dúas formacións ofrezan os seus puntos de vista para saber se hai posibilidade de que cheguen a acordos para nominar un candidato de consenso.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com