Unha nova baixada nos casos activos por Coronaviru na área de Lugo, sutúa a cifra en 241, 27 menos ca onte. Os novos contaxios foron tres.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.310 deles 312 son da área da Coruña, 198 da de Ourense, 92 da de Pontevedra, 261 da área de Vigo, 175 da de Santiago e 31 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 41 en unidades de hospitalización e 1.252 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 178.203 persoas curadas, rexistrándose 2.629 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.825.746, onúmero de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.359.203.