O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reiterou hoxe a necesidade dunha actuación conxunta para reverter a situación actual de Vestas e garantir o emprego dos 115 traballadores de Vestas en Viveiro (Lugo). “Temos que estar todos”, asegurou en referencia ao anuncio de peche desta fábrica que vén provocado pola errática transición enerxética emprendida polo Goberno a nivel estatal.
Durante a súa intervención no Pleno do Parlamento galego, Conde fixo referencia á xuntanza do pasado luns entre Xunta e comité de empresa na que se acordou a creación dunha mesa industrial na que é preciso que participe tamén o Goberno central –a través dos ministerios de Industria e para a Transición Ecolóxica– e a propia empresa.
Neste sentido, manifestou o seu desexo de que o Executivo central se sume a esta iniciativa para identificar posibles solucións e que, polo tanto, cambie a súa actitude e se implique realmente tras declinar xa o luns asistir a esta reunión entre Xunta e representantes dos traballadores.
“Se non hai un cambio de actitude do Goberno non será posible manter emprego en Galicia, polo que esperamos que se posicione ao lado dos traballadores de Vestas e mande mensaxes claros de se vai apoiar o desenvolvemento do sector eólico en Galicia”, indicou Conde.
Así, o vicepresidente económico solicitoulle ao Executivo central que reconsidere a súa errática política de transición enerxética –nun contexto de cifras récord no prezo da electricidade– e evitar así o “desmantelamento industrial e a perda de miles de empregos” que están ameazando a Galicia. Unha situación que tampouco debe ser utilizada pola empresa para pechar a factoría de Viveiro.
Así, para a Xunta a solución pasa por un cambio de actitude do Goberno e no que aposte realmente por unha transición enerxética compatible co mantemento da actividade económica e do emprego; é dicir, xeradora de novas oportunidades.
Set 29, 2021 - 09:54 PM
Sr. Conselleiro reclamelle depaso ao Sr Feijóo a sua implicación no tema da Alúmina xa que prometeu resolver o problema se saia elexido presidente.
Set 29, 2021 - 07:13 PM
Eso, e misión túa, inútil, e deixa de botar a culpa a quen non a ten, non sabes facer nada, coñoooooo
Set 29, 2021 - 05:53 PM
A Xunta ten as competencias en Industria. Enganan os seus votantes de aldeas e pobos coma fixeron na mariña lucense co tema de Alcoa. Votade, votade paisaniños, nós amañámolo se gobernamos na Xunta, y tal, y tal. Agora toca Vespas, claro, que o amañe o goberno central, vamos…coma sempre.