Castiñeira reunirase con Lugonovo e Cidadáns para tentar chegar á alcaldía lucense

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, reunirase esta tarde na sede do partido con representantes das candidaturas de Ciudadanos e LugoNovo, tras a xuntanza de onte co candidato socialista López Orozco.

Deste xeito, continuará os contactos coa terceira e a quinta forza máis votadas, en reunións que se celebrarán ás 17.00 e ás 19.15 horas. A comezos da vindeira semana completará esta primeira tanda de contactos coas dúas forzas políticas restantes, BNG e Alternativa Cidadá de Esquerdas.

O popular, que acudirá ás xuntanzas de hoxe acompañado polos números dous e catro da súa lista, Ana López Pombo e Antonio Ameijide respectivamente, reiterou que “traballamos cunha única premisa: diálogo permanente para buscar os puntos en común para constituír goberno e falar só de Lugo, que é para o que nos elixiron, a uns e outros, os veciños este 24 de maio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com