O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama. que comezará ás 17:30 horas do vindeiro martes a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Unha vez rematada esta, iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.
Para a concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se ven celebrando dende hai moitos anos”. Méndez engadiu que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.