Enormous Tunes, o selo discográfico suízo máis importante do momento , saca á venda One more Love, o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón xunto ao colombiano Dvit Bousa.
Baixo o seu sub-selo Non Definition , o selo alpino aposta forte coa nova produción do sadense Frisco Taibo e o vilalbés Marcos Peón, e que a catalogan como: “Quen non ama o piano house? Non podemos pensar en ninguén a quen non lle guste a música de piano de acordes chispeante. Combinado cun house clásico sólido, golpea unha liña de baixo cadrada do Reino Unido e algunhas costeletas vocais burlonas e tes un recheo de piso garantido. DVIT BOUSA, DJ FRISCO & MARCOS PEON son totalmente conscientes diso, polo que crearon unha estimulante marmelada house que contén todos eses elementos, combinados á perfección. Si, este son está listo para a pista de baile. Así que vaiamos á pista e bailemos todas as noites.”
Dentro dos produtores habituais de Enormous Tunes publican artistas internacionais como Croatia Squad, Nora En Pure, Passenger 10, Calippo, Stanley Ross ou Sons of Maria.
One more love é a cuarta colaboración entre Frisco e Marcos con Dvit, co que ademais produciron varios Remixes. Bousa está considerado como un dos produtores máis importantes do momento en Colombia.
Nas súas últimas producións, Taibo e Peón, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá. Ademais recibiron o apoio nas súas producións de artistas internacionais da talla de Joachim Garraud , Djs From Mars, Leandro dá Silva , Nicola Fasano ou Silvio Carrano.