O Concello de Antas de Ulla pon en marcha unha campaña solidaria coa fin de canalizar as axudas á muller que o pasado domingo perdeu a súa vivenda nun incendio. María Fuertes, propietaria do inmoble, facilita un número de conta no que as persoas que o desexen poden facer os seus donativos. ES11 0238 8248 7607 0065 4679. Banco Santander.
A determinación de abrir unha campaña de solidariedade con esta veciña tomouse despois de comprobarse o alcance dos danos, que deixaron a vivenda totalmente arrasada polas lapas. A casa era de madeira e quedou inservible. María atópase aloxada nun establecemento da localidade, á espera de poder trasladarse a outra vivenda.
O Concello de Antas de Ulla agradece a colaboración dos veciños e veciñas ante unha situación de especial vulnerabilidade. Se alguén quere facer outro tipo de doazón, que non sexa monetaria, pode dirixirse aos servizos sociais do Concello de Antas de Ulla.