O Foro Feminista de Lugo recibe o Recoñecemento Meninas pola súa loita pola igualdade segundo o fallo publicado hoxe polo xurado, presidido polo delegado do Goberno, José Miñones. Trátase da cuarta ocasión na que os galardóns do executivo en materia de igualdade chegan a Galicia neste caso con cinco recoñecementos e catro mencións honoríficas.
O xurado destaca de O Foro Feminista de Lugo a súa labor divulgativa do feminismo e as actividades que realiza, con faladoiros que afondan no concepto de igualdade. Alí a mención é para o policía Pablo Rodríguez, da unidade de atención á familia e á muller (UFAM) da Policía Nacional de Viveiro.
A entrega dos Recoñecementos Meninas terá lugar a semana do 25N no Hostal dos Reis Católicos. Completa un ambicioso programa de actos con máis dunha trintena de actividades arredor do 25N nas catro provincias, que xa comezaron e conclúen o 3 de decembro. É unha media dun acto cada tres días.