Derrota do Ribeira Sacra Breogán por 69 a 73 e empate do Club Deportivo Lugo ante o Albacete

O Ribeira Sacra Breogán non logra gañar ao Club Ourense Baloncesto nun partido no que os celestes foron por diante practicamente durante todo o encontro, aínda que cun marcador moi axustado, pero que nos minutos finais non estiveron moi acertados nos seus tiros. Haberá que esperar ao próximo martes 2 de xuño no que será o quinto e decisivo partido de ascenso á  Liga ACB.

Por outra banda o Club Deportivo Lugo logra un empate ante o Albacete no penúltimo partido da tempada 2014-2015 disputado no Ángel Carro. Ao final do encontro o entrenador Quique Setién saíu a saudar e despedirse da afición, xa que deixará o Club tras o partido do vindeiro domingo 7 de xuño ante o Girona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com