O Supremo condena a 2 anos e medio de prisión ao cura que se apropiaba de bens de parroquias galegas

A Sala  do Penal do Tribunal Supremo vén de condenar a 2 anos e 6 meses de prisión a un cura que se levou entre 2008 e 2012 decenas de bens de diversas parroquias nas que oficiaba misa, nos termos municipais de Ribadeo e Trabada. O párroco está acusado dun delito continuado de apropiación indebida co agravante de recaer sobre bens que integran o patrimonio artístico, histórico ou cultural.

O tribunal estima parcialmente o recurso de casación interposto polo condenado contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, que lle impuxo 3 anos e medio de cárcere polo delito continuado de apropiación indebida. A Sala lucense tamén condenaba a un ano e 3 meses de prisión ao cura como autor dun delito de receptación a outra persoa, a quen o acusado entregou algúns dos ben dos que se apropiou.

A Sala aprecia o atenuante de reparación do dano, como consecuencia da restitución dun número significativo dos obxectos apropiados cando xa non era párroco, o que supón unha rebaixa da condena que lle impuxo a Audiencia Provincial, que só apreciou atenuante por dilacións indebidas.

En síntese, os feitos probados recollen que dende 2008 e ata 2012, data do seu cese como párroco das parroquias, apoderouse e incorporou ao seu patrimonio, dispoñendo deles como se foran propios, “decenas de obxectos relixiosos e de culto, imaxes relixiosas, así como mobles e outros obxectos pertencentes a esas parroquias, aos que o acusado, na súa condición de párroco, tiña acceso e era o encargado da súa custodia”.

O cura entregou os devanditos bens ao outro condenado por estes feitos, que chegou a permutar algún deles como unha campá, unha imaxe e dous Sagrarios, por outros obxectos artísticos nun establecemento da Pontenova. O obispado de Mondoñedo recuperou só algún dos bens apropiados, que están sometidos a un réxime especial e protexidos pola Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

A Sala, na súa sentenza explica que o ánimode lucro e o dolo natural propio do ilícito da apropiación indebida “semellan pois, explícitamente, narrados no relato declarado probado”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Nov 10, 2021 - 08:01 PM

    Hai que darlle un carné de afiliado o PP ¡XA!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com