A Audiencia de Lugo absolveu a unha acusada de estafar á súa tía, quen lle vendeu un predio e realizoulle unha transferencia de 68.383 euros.
O alto tribunal provincial subliña que “o único que consta é a existencia desa venda e dese traspaso de diñeiro”, pero en ningún lugar consta que “a vendedora e transmisora do diñeiro tivese algunha afectación das súas facultades psicovolitivas” naquel momento.
Por iso, os maxistrados non poden dar por xustificado que o engano, que reiteran que non está acreditado, puidese dar lugar a un desprazamento patrimonial que empobrecese en gran medida á suposta vítima. “Tampouco coñecemos cal sería o prezo, real e obxectivo, do predio nas condicións que tiña no momento de realizar a venda”, subliñan.
Post Views: 0