González Santín cualifica os resultados do PP de moi malos

O secretario Provincial Juan Carlos González Santín declarou “non dar crédito” ás declaracións realizadas esta mañá en Lugo polo presidente da Xunta. Considera que tales afirmacións amosan “un falso triunfalismo, xa que o Partido Popular leva nos últimos anos de vitoria en vitoria ata a derrota final, que cada día está máis próxima”, afirmou. A este respecto, González Santín destacou que “o PP nesta provincia ten os peores resultados da súa historia”.

Pola contra cualificou o resultado acadado polo seu partido como “excepcional”. “Acadamos tres Deputacións e, nesta provincia, foron os mellores resultados na historia da democracia, na que logramos o maior número de alcaldías de todos os procesos electorais”, engade.

Por iso, lamenta que “o Sr. Feijoo aínda non entendese a mensaxe que lle trasladaron os cidadáns o pasado 24 de maio, que é que ten que mudar as súas políticas que tanto dano están a facer as persoas; algo que aquí sabemos ben coa Hemodinámica no HULA, e que quedou perfectamente claro coa manifestación multitudinaria na que a provincia en bloque se uniu para reclamar servizos os servizos sanitarios”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com