Presentación do libro Cerna de Carballo na Galería Sargadelos

A Galería Sargadelos de Lugo acolle este xoves ás oito da tarde a presentación do libro “Cerna de Carballo”. No acto intervirán Xesús Mato, M. Pilar Álvarez, Alfonso Blanco, Xulio Xiz, Elsa Vega e Xosé Manuel Carballo e contará coas actuacións de Fran Cuperio e o Mago Antón.

Cerna de Carballo é unha homenaxe ao crego, ilusionista, profesor e escritor Xosé Manuel Carballo Ferreiro e nel participan xornalistas, escritores, profesores, debuxantes, magos, cregos, antigos compañeiros e sobre todo amigos e amigas que expresan a súa admiración e cariño pola persoa de Xosé Manuel Carballo.

O libro “Cerna de Carballo” está editado pola Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com