O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que defenderá unha moción no vindeiro pleno, para demandar ao Concello que inste ao Goberno de Feijóo a mellorar e reparar a estrada autonómica LU-133 que atravesa o Concello ata Moncelos.
“Este vial é moi utilizado tanto polos transportistas que transcorren polo noso Concello, e tamén pola veciñanza da contorna. Polo tanto demandamos ao Goberno de Feijóo que inclúa a reparación desta estrada nas súas prioridades. É necesario a reparación do pavimento deteriorado así como a substitución da sinalización horizontal e vertical e o pintado da mesma.”
Pablo Díaz explicou que “presentamos esta proposta tras escoitar ás demandas da veciñanza que se queixan do mal estado deste vial autonómico. Dende o PSdeG reclamamos a mellora da comunicación e a mobilidade dos veciños e veciñas de Abadín e de toda a Comarca que utiliza a LU-133, e polo tanto a súa seguridade vial e comodidade”, remarcou.
Por último emprazou ao Alcalde e a todo o Equipo de Goberno de Abadín “ a dar unha voltiña polas parroquias e polas estradas que atravesan o Concello para comprobar o estado na que se atopan as mesmas, co fin de que se poñan a traballar para mellorar as nosas infraestruturas”, dixo Díaz.