Estes días seica apareceu un OPNI (Obxecto Político Non Identificado) pola capital da provincia. Moitos din que o viron, outros que é unha trola, que non existen e outros que en realidade é un artefacto en probas pero controlado.
Moito se leva falado dende hai dous ou tres días do trebello: uns que é dos amigos, agora inimigos; outros que é dos inimigos auténticos, outros en troques din que é dalgúns “cahondos” que queren “axudar”. Como poden ver hai opinións para todos os gustos.
Orozco di que se sente apoiado ao 100% polo seu partido. Dende Ace informan que con eles non vai a cousa, que eles están á marxe, que neste labor nada lles vai nin lles ven, porque aínda que desimputen a Orozco, cambien ao candidato e lles ofrezan prebendas mil, non van apoiar a ningún candidato do PP ou do Psoe. O Bng pola contra si apoiaría un goberno dos socialistas sen imputados.
O PP acusa de fraude á cidadanía se Orozco abandona, claro que se non abandona farano abandonar; nos dous supostos gaña Castiñeira. Pero aparece Cidadáns e solta: por qué ten que ser Orozco ou Castiñeira o novo alcalde; hai máis candidatos.
En Lugonovo están OPNITIZADOS e desmenten que foran eles os que lanzaran o OPNI dende a súa base de Armañá “nós estamos dando a cara dende o primeiro día e non tería sentido xogar a iso”. E avisan aos socilaistas que teñen ata o mércores para informarlles se Orozco dimite ou non. Moi axustada me parece a data porque a xunta electoral necesita saber con prudente antelación que é o que vai suceder.
E mentres, todos pensando no OPNI.
Eloi Caldeiro.