Erik Quintela, Jordan Sakho e a mascota Maximus visitaron esta tarde a xogadoras e xogadores do CB Sarriaos breoganistas sauda. Os breoganistas saudaron as e os deportistas do club, fixéronse fotografías e asinaron autógrafos no medio dun ambiente festivo no pavillón do Chanto.
Ao acto, organizado no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán manteñen para promocionar o deporte, asistiron tamén o responsable da Área Social do Breogán, Salva Arco, e o
deputado de Deportes.
O responsábel provincial destacou “a calorosa benvida que as nenas e nenos do CB Sarria deron ao CB Breogán” e agradeceu a implicación do club breoganista nestas iniciativas que “xeneran ilusión entre os rapaces e rapazas e contribúen a afianzar o seu interese polo deporte”.
O club sarriao conta con máis de 250 deportistas e 11 equipos participando en competicións federadas, ademais de desenvolver unha importante labor de promoción do baloncesto en centros educativos da comarca de Sarria.