O PP lamenta que o Goberno “estivese en 2021 máis pendentes de vixilarse entre eles que de traballar por Lugo”

No pleno do debate do Estado da Cidade celebrado hoxe o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Ramón Carballo asegurou que “o goberno de esquerdas de Lugo toma decisións de forma improvisada (Carril Bici, Caldas do Miño); que hipoteca aos lucenses coas súas malas decisións (fábrica da luz e Garañón); que complica o tráfico en Lugo (non se dan alternativas para aparcar, seguimos sen ORA); que sigue bloqueando proxectos (a unión do Paseo Miño-Rato a apertura do novo Auditorio de Magoi); que asfixia ás familias con sobrecustes dos recibos da auga, ou con sablazos dos vados; que é incapaz de mellorar o aseo urbano; que permanece de brazos cruzados diante de problemas que afectan á seguridade cidadá (ordenanza convivencia, poñer coto a okupas, videovixilancia monumentos emblemáticos) que non soluciona os problemas do urbanismo (PXOM, PEPRI, colapso licenzas) e que perpetúa o modelo abusivo de contratos menores.

Durante a súa intervención Ramón Carballo destacou que “tanto o PSOE como o BNG teñen un déficit preocupante e galopante de escoita activa aos cidadáns”. Fronte a esta actitude o Partido Popular tende a man ao goberno de Lara Méndez e Arroxo como así o demostran as iniciativas presentadas ao longo deste ano. O voceiro popular concluiu “nós facemos unha política cos pés na terra, unha política útil para solucionar problemas do día a día dos veciños”.

Para o Grupo Municipal do Partido Popular o principal valor de Lugo son os os seus veciños e, por iso, o emprego e a atención ás persoas son prioritarios. “Os lucenses non queren un bipartito con dúas visións diferentes do municipio”, zanxou

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com