Alcaldes piden á Xunta por 4ª vez nun ano que proceda ao pagamento dos preto de 190.000€ que adebeda a cada concello polos GES

Os alcaldes en funcións de Becerreá, A Fonsagrada, A Pontenova e Monterroso piden á Xunta de Galicia que tome como referencia a xestión da Deputación de Lugo e salde de inmediato a débeda contraída con eles dende o pasado ano pola liquidación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), que ascende a 80.000 euros en cada caso; cantidade á que hai que engadir a parte proporcional dos soldos, que suma uns108.000 euros dende esa data.

Trátase da cuarta vez nun ano que os rexedores se dirixen ao Goberno galego para demandar que o Executivo cumpra a súa palabra e lles abone a contía de 2014, máis o que vai de 2015, pois hai once meses que recibiron unha carta na que lles comunicaban un adianto inicial de 10.000 euros, “pero, a data de hoxe, seguimos sen recibir un só euro”, manifestan.

Este servizo mantense exclusivamente grazas aos fondos propios que aportan a Deputación e as entidades locais. Deste xeito, o organismo provincial mantén ao día as súas obrigas, tal e como establece o convenio que rexe o funcionamento de servizo. Concretamente, pagou ou está a ingresar máis de 340.000 euros aos concellos cumpridores, é dicir, aos que entregaron a documentación necesaria para acreditar o cumprimento do convenio, e que son os indicados, máis o de Cervo. Deste xeito, os fondos que aporta o Goberno galego son os máis elevados. Representan o 60% e, o 40% restante, correspóndelle á Deputación e ás entidades locais.

Neste senso, os rexedores en funcións consideran que a administración autonómica “non pode agardar máis”, pois trátase de dispositivos que fan “un excelente e necesario traballo” en épocas como a que nos atopamos, e na que o risco de incendio aumenta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com