O PP pide que se cuantifique o diñeiro que o Concello devolveu polos cobros de máis nos recibos da auga

O Partido Popular preguntará en comisión “canto diñeiro tivo que devolver o goberno local por cobrar de forma indebida recibos de auga”. Dende o Grupo Popular lembran como “trala campaña informativa e a tramitación de centos de reclamacións veciñais feita dende a oficina do PP a alcaldesa asinou varios decretos nos que se acorda devolver o importe indebidamente cobrado”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide puntualizaba que agora é o momento de cuantificar “canto nos custan os erros do bigoberno” lembrando como “o PSOE empeñouse durante todo este ano en minimizar o sablazo que lle deron aos veciños e veciñas de Lugo”. O vicevoceiro popular afeaba que “a alcaldesa se esforzase en minimizar
este sobrecuste nos recibos en vez de recoñecer o seu erro”.

Dende o PP tamén esixen que se devolva de oficio todo o cobrado de máis aos lucenses no recibo da auga e que o procedemento que ofrecen para rectificar o seu erro nas reclamacións xa aceptadas, sexa máis áxil e se poida facer, xa que en ocasións piden aos vecinos que devolvan recibos cobrados hai moitos meses ou anos, algo que non permite a lexislación nin é posible facer a través das entidades bancarias.

O Goberno tamén terá que explicar en comisión “cal é a solución que ofrece o aos afectados polo incremento na taxa dos vados como consecuencia da actualización en 2020 da ordenanza das pasaxes que o PP rexeitou de plano”. Antonio Ameijide lembra como esta revisión supuxo un incremento brutal desta taxa e insiste en que “se deberían ter en conta as categorías fiscais para facer os cálculos así como recuperar o horario dos vados comerciais de 8 da mañá a 8 de la tarde xa que arestora a tarifa é por reserva as 24 horas”.

Os populares están convencidos de que o goberno local “só reaccionou en ambos temas” como consecuencia da presión exercida dende a oposición. Neste 2022 seguiremos coa folla de ruta da política útil que inspira o traballo diario “para nós é unha satisfacción que grazas á escoita activa que facemos forcemos, tanto ao PSOE como ao BNG, a pór coto ao despropósito dos sobrecustes nos recibos da auga e ao sablazo dos vados, que supuxo un mazazo a moitos pequenos autónomos e negocios neste ano tan crítico”.

O vicevoceiro popular insiste en que “para o PP con que haxa unha única queixa xa é motivo suficiente para traballar e dárlle unha solución”. Dentro desta batería de preguntas os populares tamén queren saber como está a tramitación da devolución da parte proporcional correspondente ao servizo de recollida de lixo que non se prestou durante a folga que durou 59 días. “Estamos falando dun compromiso do ano 2015 e que consistía en aplicar no recibo dos cidadáns o desconto correspondente aos días de folga”, concluía Ameijide.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com