Os socialistas anunciaron hoxe que presentarán mocións en Concellos e Parlamentos autonómicos para apoiar a reforma laboral e o diálogo social. Así o avanzaron hoxe en rolda de prensa os deputados lucenses no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, que remarcan “que este acordo histórico contribúe en impulsar a creación de emprego estable e de calidade, para atallar a precariedade e o desemprego no noso país. Por iso pedimos altura de miras para apoiar esta Reforma baseada no diálogo, para que nos permitirá avanzar cara a unha recuperación xusta, e para que España, Galicia e Lugo sigan medrando.”
A través desta moción demandase “apoiar a reforma laboral acordada entre os representantes dos empresarios e os traballadores para impulsar a creación de emprego estable e de calidade. Contribuír co seu apoio parlamentario a potenciar a contratación indefinida fronte á temporalidade a través do contrato indefinido e do fomento do contrato fixo descontinuo, así como apoiar a recuperación da negociación colectiva para aumentar os dereitos dos empregados, que permita restablecer o equilibrio entre empresarios e asalariados. Crear un marco laboral adaptado ás necesidades do século XXI, e por último, defender o diálogo como ferramenta para alcanzar acordos como o logrado cos axentes sociais ao redor da reforma laboral, por encima de ideoloxías, e que permiten avanzar cara a unha recuperación xusta para que España siga crecendo”.
Os socialistas sinalaron que se trata dun convenio que “aposta por un emprego de calidade e deixa atrás décadas de precariedade, fronte ao modelo do PP, baseado na desvalorización salarial”. Remarcaron tamén que “a reforma laboral é un novo compromiso co que o PSOE cumpre coa cidadanía e tamén coa Comisión Europea, unha circunstancia que permitiu que España comezase a recibir os primeiros fondos europeos”.