José Ángel Santos, elixido presidente do PP en Friol co 100% dos votos

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, foi elixido este xoves presidente do Partido Popular deste municipio co 100% dos votos. Deste xeito, a dirección provincial do PP continúa cos procesos congresuais a nivel local, tal e como xa fixo en Ribadeo e Viveiro.

A presidenta provincial, Elena Candia, que presidiu o cónclave, no que tamén participaron outros cargos orgánicos como os Secretarios Xeral e de Organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente; o Coordinador Xeral, José Manuel Balseiro; o voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, ou alcaldes de concellos limítrofes; felicitou ao novo dirixente do PP friolense, destacando “a gran valía, experiencia e proxección” do mesmo.

“Os números son os que dan e quitan razóns e Jose é un alcalde referente non só na provincia, senón tamén en toda Galicia”. Proba delo, é que nas pasadas eleccións municipais o apoio que recibiu nas urnas foi do 82,27%, sumando 3.395 votos, converténdose así no mellor resultado de Lugo e nun dos mellores de Galicia tanto en participación -un 87%-, como en apoio á formación popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com