A CIG denuncia impagos en Abante BPO Lugo e amosa “preocupación” pola situación da empresa

A CIG manifestou hoxe a “preocupación” pola deriva á que a empresa Abante B.P.O. Lugo leva sometida nos últimos tempos. Esta empresa que durante lustros foi referente do sector dos centros de chamadas na cidade de Lugo,  primeiro como Sykes e despois como Abante B.P.O., encontrase actualmente nunha “situación de ruinosa xestión cuxos últimos episodios son o impago da nómina extra do mes de decembro e a situación de baleiro de poder na  mesma”.

Así o denuncia o sindicato que explica que durante o mes decembro a empresa supostamente foi vendida a un novo propietario, supostamente José Julio Antón Franco, quén foi presentado á representación legal dos/as traballadores/as o día 21 de decembro de 2020.

A empresa adebeda a nómina da paga extra do mes de decembro aos traballadores que non cobran as pagas prorrateadas, e a maiores non da nengunha explicación formal do motivo do impago.

Nestes momentos a empresa atópase nunha situación de administración opaca pois a mesma non responde ás cuestións prantexadas pola representación dos traballadores, e existe un vacío de poder no día a día absoluto, posto que nen desde o departamento de recursos humanos nen o director do centro son quén de dar explicación do que está a acontecer.

“A situación é altamente preocupante, posto que se ben a empresa xa viviu desde a primavera do ano pasado un proceso de reconversión, coa decisión de desprenderse das dúas campañas (Orange e 1&1) que eran as mais importantes da empresa, producindose unha maiúscula diminución de persoal, pasando de arredor de 400 traballadores a escasamente 100. Este proceso que resulta evidente que se tratou dun proceso de descapitalización encuberto da empresa, foi executado baixo a dirección de Eduardo Alvarez Núñez, anterior dono da empresa, e que é o dono de HUARIS C.C., outro importante grupo do sector con base en Bembibre”.

Na actualidade a empresa está a desenvolver unha administración e xestión con total nocturnidade e alevosía, sen ningún tipo de información ao comité de empresa, e xerando premeditadamente unha situación de intranquilidade e ansiedade entre a plantilla que resulta absolutamente cobarde, miserable e inadmisible .

“Desde a CIG continuaremos a demandar á empresa que cumpra coas súas obrigas, e no caso de que persisitir esta situación, iniciaremos accións tanto na vía mobilizadora como na vía legal para reclamar os dereitos dos traballadores”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com