Miñones resalta a “vocación municipalista” do Goberno con actuacións para mellorar a vivenda ou a dixitalización dos Concellos

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, remarcou hoxe en Guitiriz a vocación municipalista do Goberno de Pedro Sánchez, con actuacións e programas que inciden directamente na calidade de vida da cidadanía e con especial atención aos concellos máis pequenos. Así o fai en Guitiriz, onde, a través de distintos Ministerios, “traballa na mellora das condicións ambientais, na rehabilitación de vivendas e na dotación de servizos de acceso a internet de alta velocidade para cidadáns e empresas”, detallou.

José Miñones repasou estes investimentos no transcurso dunha visita institucional a Guitiriz, onde se reuniu coa alcaldesa, Marisol Morandeira, xunto coa subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez. Alí, o delegado desprazouse ata as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable de Gutiriz, onde supervisou as melloras de eficiencia enerxética que impulsa do Goberno Local coa financiación do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Estas mesmas axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica para mellorar a eficiencia enerxética tamén permitiron ao Concello de Gutiriz acometer a renovación de parte do alumeado público municipal.

Xunto á mellora ambiental, o Goberno tamén incluíu a Guitiriz como beneficiado das axudas para rehabilitación de vivendas nas ARI ou Áreas de Rehabilitación Integral. O delegado felicitou á alcaldesa pola inclusión de Guitiriz, por primeira vez, nos concellos beneficiarios desta última convocatoria do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

José Miñones tamén anunciou que Guitiriz se beneficia da primeira convocatoria do Programa ÚNICO-Banda Ancha do Ministerio de Asuntos Económicos e Avance Dixital para a extensión da banda ancha, “unha importante aposta do Goberno para que a conexión a internet de alta velocidade chegue de verdade a todo o territorio galego en igualdade”. A convocatoria foi adxudicada a Telefónica, que deberá levar a banda ancha de última xeración ata 2.576 vivendas e empresas deste concello que ata agora carecían deste servizo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com